
Celsa Barja,
laxas de vida escritas

Encol de Celsa Barja
Nacida o 29 de agosto de 1966 en O Pereiro (A Mezquita), na provincia de Ourense. Escritora que abarca diversos xéneros literarios, tales como prosa, verso, dramaturxia ou ensaio. Membro da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega), colaboradora en libros con outros autores para fins solidarios así como en dúas Antoloxías realizadas por Fernando Sabido, escritor e artista plástico madrileño. Así mesmo, textos da súa autoría foron traducidos ao inglés, ao francés e ao palestino. Celsa Barja difunde a súa obra maioritariamente por internet e a maioría dos seus recitáis son en beneficio de AFAOR (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Ourense). É irredutible a esquemas, fuxe do barullo e das superficialidades, non contesta correos persoais nin promocionais e, como a palabra, non se inclina ante ninguén.
